Rubén Prol
deseña fontes e debuxa letras

Ogrobe, 1983. Autodidacta. 1'78m. Socio número 33888 do Xabarín Club. Interesinme polo deseño de fontes en 2005 querendo imitar un tipo de letra dunha famosa marca de iogures. O resultado foi Marela, feita con Corel Draw e con moito cariño.

Fun recepcionista de hotel, recadeiro nun taller de serigrafía e camareiro. Desde 2008 traballo como deseñador/maquetador web como freelance para varias axencias de publicidade e asalariado en empresas como Acordar, A Navalla Suíza e Corunet.

Fago esta web porque me gustaría ter recollidos nalgún lado os traballos dos que estou mais orgulloso, aínda que non saiba explicar con grandes parrafadas os seus propósitos. Prefiro que falen por eles mesmos.

Para este sitio emprego a fonte Carme Nova, que aínda está en desenvolvemento.

Nas redes ando por twitter e instagram. De cando en vez fago listas de Spotify. Tamén podedes contactar comigo através de email.